Oti Davis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Otis Crandall Davis (12 de xullo de 1932) foi un atleta norteamericano gañador de dúas medallas de ouro nas Olimpias de verán de 1960.
Otis Davis, nacido en Tuscaloosa, Alabama comenzou xogando o baloncesto e non empezou a correr os 400 m ata os 26 anos como estudante na universidade de Oregón. Dous anos máis tarde, en 1960, foi o ano de Otis Davis. Nos xogos olímpicos de Roma gañou por pouco sobre Carl Kaufmann de Alemaña, fixando un novo record do mundo en 44,9 segundos, o primeiro home en baixar dos 45 segundos. Dous días máis tarde, Davis e Kaufmann competiron outra vez para o final dos relevos de 4 x 400 m. El sostivo do desafío, conseguindo o ouro con outro récord do mundo en 3:02.2.