Neodarwinismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Teoría da evolución de Darwin pode ser vista como un caso especial da Teoría da Conservación do Estable. Esta tautoloxía establece que o que existe (alomenos o tempo suficiente para merecer un nome) tenderá a seguir existindo. Isto non é máis que unha versión das leis de Newton (parafraseando, todo corpo nun estado continuará en dito estado ata que unha forza o faga cambiar de estado).
Nembargantes, pódese considerar que un organismo poderá continuar existindo namentres exista outro organismo que sexa a súa réplica exacta.
Sen mentar as teorías que existen sobor do paso da materia inanimada á vida orgánica, chega con que se cumplan unha serie de condicións:
- abundancia de elementos diferentes (o que se denomina riqueza do caldo de cultivo),
- herdanza ou replicación, e
- idoneidade diferencial ou número de copias en función da súa interacción co medio,
e xurdirá a evolución. Isto débese a que a herdanza ou replicación depende de tres factores: a lonxevidade, a fidelidade da copia e a fecundidade. En concreto, os erros nas copias iránse acumulando sucesivamente. En termos xerais, os individuios e as especies non pretenden evolucionar: a evolución é o efecto colateral da falla de completa fiabilidade no proceso de copia e a diferente capacidade de adaptación provocada por eses erros de copia.
A teoría canónica do Neodarwinismo establece que as mellores ou piores adaptacións xenéticas dos individuos determinarán o resultado da evolución, non só dos individuos en particular senón das especies en xeral.