Moviment d'Esquerra Nacionalista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Moviment d'Esquerra Nacionalista (MEN) foi un partido político independentista e socialista catalán, escisión de Nacionalistes d'Esquerra no ano 1985. Pretendía formar un bloque popular agrupando ós novos movementos sociais como ecoloxismo, feminismo e pacifismo. Parte da súa militancia integrouse no Moviment de Defensa de la Terra no ano 1986. Pediu o voto para Herri Batasuna nas eleccións europeas de 1987 e 1989. Integrouse como corrente dentro da Crida per la Soliraritat en 1989. En 1992 presentouse ás eleccións catalás en coalición con Alternativa Verda e en 1993 fusionouse con Els Verds-Confederacio Ecologista de Catalunya.