Minneapolis, Minnesota
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Minneapolis é a maior cidade de Minnesota e o centro do Condado de Hennepin. Linda con Saint Paul, a capital e segunda maior cidade do estado. Xuntas forman o centro da área metropolitana das Cidades Xemelas, a decimoquinta maior aglomeración urbana do país, cuns tres millóns de residentes. No censo de 2000, a cidade tiña unha poboación total de 382,618 habitante, facéndoa a cuadraxesimoséptima maior cidade dos Estados Unidos.
A cidade atópase na parte suroeste do estado e exténdese ao longo do río Mississippi. Tamén hai 24 lagos na cidade. Este feito levou a Charles Hoag, o primeiro mestre de escuela de Minneapolis, a suxerir un nombre derivado de minne, a palabra dakota para auga, e polis, a palabra grega para cidade. Outros nomes considerados no seu tempo foron Brooklyn e Albion. A cidade é coñecida tamén como a "Cidade de Lagos", unha expresión que aparece en moitos vehículos e propiedades municipais.
O centro xeográfico da cidade está xusto nos 45 graos de latitude norte. Hai unha pedra na parte norte do Parque Wirth que ten unha placa que marca o lugar exacto por onde pasa o paralelo.