Mikhail Ivanov
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mikhail Ivanov, nado o 20 de novembro de 1977, é un esquiador de fondo nórdico ruso que compite profesionalmente desde o 1996.
Nos Xogos Olímpicos de Inverno do 2002 en Salt Lake City rematou segundo na proba de 50 km clásicos despois de Johann Mühlegg, pero levou o ouro tras a descalificación Mühlegg por dopaxe.
Ivanov levou a medalla de bronce nos 30 km nos Campionatos Mundiais de 2001 e gañou dúas copas do mundo, no 2000 en 30 km e no 2001 en 15 km.