Michel Preud'homme
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Michel Preud'homme | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Michel Preud'homme | ||
Alcume: | Preud'homme | ||
Data de nacemento: | 24 de xaneiro de 1959 | ||
Lugar de nacemento: | Ougrée, Bélxica | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | Standard de Liège, YRKV Mechelen e Benfica | ||
Posición: | Porteiro | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | 58 | ||
Goles: | 0 | ||
Ano do debut: | |||
Clube do debut: | Standard de Liège | ||
Ano do retiro: | 1999 | ||
Clube do retiro: | Benfica |
Michel Preud'Homme, nado en Ougrée, preto de Liège o 24 de xaneiro de 1959, é un adestrador de fútbol belga e francófono, que tivo un recoñecido pasado como gardamallas. Como xogador, desempeñou o mellor da súa carreira no Standard de Liège, (co que conseguiu 2 títulos de campión belga), no YRKV Mechelen (co que gañou unha Recopa de Europa o último trofeo europeo conseguido por un clube belga) e no Benfica de Lisboa. Desputou 104 partidos europeos, o primeiro deles contra o Slavia de Praga, o 14 de setembro de 1977 coa camisola branquivermella do Standard de Liège.
No Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 foi galardoado co Premio Yashin que o cualificaba coma o mellor porteiro do mundo, nunha clasificación na que Preud'homme figurou no top 10 durante oito anos. Retirouse como xogador en 1999 pero nunca deixou totalmente o mundo do fútbol. Na actualidade é adestrador do Standard de Liège, logo de ser mánager deportivo nese mesmo clube. Como consecuencia dese nomeamento como técnico, producido o 30 de agosto de 2006, demitiu dos seus cargos na federación belga de fútbol, onde era vicepresidente, e na Liga profesional de fútbol belga, onde o seu nome soaba como vindeiro presidente.
Conseguiu por dúas veces a Bota de ouro belga en 1987 e 1989.