Metal (material)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un metal é un material distinguido pola súa habilidade para conducir calor e electricidade. Están agrupados na táboa periódica dos elementos. Teñen de 1 a 3 electróns de valencia, sendo os seus átomos pouco electronegativos e tendo unha baixa enerxía de ionización.
Os metais teñen certas propiedades físicas características: poden ser brillantes, ter alta densidade, ser dúctiles e maleables, ter un punto de fusión alto, ser duros, e ser bos conductores da calor e da electricidade.
Estas propiedades débense ó feito de que os electróns exteriores están ligados so lixeiramente ós átomos, formando unha especie de mar que os baña a todos (ver semiconductor), que se coñece como Enlace metálico.
Os metais poden formar aleacións entre sí y clasifícanse en:
- Ultralixeiros: Densidade en g/cm³ inferior a 2. Os máis comúns deste tipo son o magnesio e o berilio.
- Lixeiros: Densidade en g/cm³ inferior a 4,5. Os máis comúns deste tipo son o aluminio e o titanio.
- Pesados: Densidade en g/cm³ superior a 4,5. Son a maioría dos metais.