Metátese
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Denomínase metátese ao metaplasmo que consiste no cambio de lugar dos sons dentro da palabra, atraídos ou repelidos uns por outros. Distínguense os seguintes tipos de metáteses:
- metátese recíproca: Cando dous sons intercambian o seu lugar (parabola > palabra).
- metátese sinxela ou simple: Se só un o son cambia de posto no seo da palabra (integrar > entregar, crepare > quebrar)
- metátese en contacto: Os sons que metatizan están contiguos: Area > *aria > aira > eira. O contrario da metátese en contacto é a metátese a distancia (véxase o exemplo dado para a metátese recíproca).