Menasseh Ben Israel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Menasseh Ben Israel (Madeira 1604- Middelburg 1657) foi un rabino, escritor, diplomático e editor xudeu de orixe portuguesa. Fundou a primeira imprenta hebrea en Ámsterdam, 1626.
Naceu en Madeira co nome de Manoel Dias Soeiros no seo dunha familia xudía obrigada a converterse ao cristianismo, un ano despois do seu nacemento os seus pais marchan do país para fuxir da Inquisición. En 1610 a familia chega aos Países Baixos
Amigo persoal de Rembradt, Menasseh é coñecido pola súa petición a Oliver Cromwell e ao Parlamento británico que se anulara a prohibición emitida por Eduardo I de Inglaterra que prohibía a residencia aos xudeus en Gran Bretaña, a súa petición tivo éxito e os xudeus puideron asentarse de novo en Gran Bretaña.