Melissa Auf der Maur
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Melissa Gaboriau Auf der Maur (nacida en Montreal, Canadá, o 17 de marzo de 1972) e unha baixista, guitarrista e cantante canadense. Como baixista, Melissa participou nos grupos de rock Hole e The Smashing Pumpkins. No ano 2004 editou o seu primeiro traballo en solitario, Auf der Maur, e actualmente está traballando no seu segundo disco.
[editar] Biografía
Melissa é filla do xornalista e político Nick Auf der Maur (fillo de emigrantes suizos), e da traductora literaria Linda Gaboriau. A súa lingua materna é o inglés, aínda que posteriormente aprendeu francés e castelán. Pasou parte da súa infacia en Kenia xunto á súa nai, aínda que voltou rapidamente a Montreal, onde estudou fotografía na Concordia University.
Melissa fíxose amiga de Billy Corgan, líder de The Smashing Pumpkins, despois de desculparse por unha amiga que lanzara unha botella á banda de Billy durante un concerto. A súa banda, Tinker, foi teloneira para The Smashing Pumpkins en Montreal en 1993. En 1994, cando Hole necesitaba unha nova baixista despois da morte de Kristen Pfaff, Corgan recomendou a Auf der Maur a Courtney Love. Melissa inicialmente non aceptou a invitación, pero posteriormente cambiou de opinión. Ela uníuse a Hole dúas semanas antes do Reading Festival, estivo durante a gravación e promoción do álbum Celebrity Skin, e abandonou a banda o 20 de outubro de 1999.
Pouco despois uníuse a The Smashing Pumpkins, xusto despois de que a banda rematase a gravación de Machina/The Machines of God, e da saída de D'Arcy Wretzky. Melissa saíu de xira na promoción dese álbum e estivo na banda a ta a súa disolución a finais do ano 2000.