Mar de Mármara
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mar de Mármara (turco: Marmara denici, grego: Μαρμαρα̃ Θάλασσα or Προποντίδα) (tamén coñecido con Mar de Mármora) é un mar interior que separa o Mar Negro do Mar Exeo (así, a parte asiática da Turquía da súa parte europea) polo Bósforo e Dardanelos. Ten unha superficie de 11500 km² e unha profundidade máxima de 1261 metros.
Sitúase entre a parte europea de Turquía e maila asiática. Comunica a norte co Mar Negro polo Bósforo e ao sudoeste co Mar Exeo (Mediterráneo) polo estreito de Dardanelos.
Está situado sobre unha falla xeolóxica responsábel de diversos e dramáticos terremotos.
Hai dous grandes grupos de illas, coñecidos como illas Príncipe e Marmaros. O último grupo é rico en xacimentos de mármore e dá o seu nome (marmaros é a palabra grega para mármore) ao mar.
Propontis (Προποντίς, -ίδος) era o antigo nome grego do mar. O nome deriva de pro (antes) e pont- (mar): os gregos navegaban frecuentemente polo Propontis para alcanzar o Mar Negro.