Manaus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manaus | |
---|---|
Estado: | Amazonas |
Superficie: | 11.401 km² |
Poboación: | 1.592.555 (Estimativa 2004) |
Altura: | 92 m sobre o nível do mar |
Código Postal (CEP): | 69000-000 |
Coordenadas Xeográficas: | 03º 06' lat. sul 60º 01' long. oeste |
Internet: | Prefectura de Manaus |
Mapa | |
Localización de Manaus no Estado do Amazonas |
Manaus é unha cidade localizada na Rexión Norte do Brasil á marxe do río Amazonas e é capital do Amazonas, o maior estado brasileiro. Localizase a unha latitude 03º06'07" Sur e a unha lonxitude 60º01'30" Oeste, estando a unha altitude de 92 metros. Foi fundada en 1669 polos portugueses.
O nome "Manaus" é orixinado da tribo Manaós, hoxe extinta, e que habitaba a rexión cando a chegada dos colonizadores portugueses. O seu nome significa "Mai de Deus" na lingua dos manaós.
[editar] A cidade, hoxe
A cidade concentra actualmente unha grande poboación e un crecemento considerado desordenado, xerando invasións en terrenos públicos e particulares, rúas esburacadas e aumento das moradías precarias. A pesar diso, a cidade ten moitos atractivos turísticos, polas riquezas naturais próximas, como a selva amazónica ou o río Amazonas (formado polo encontro dos ríos Solimões e Negro.
A cidade posúe tamén un districto industrial na rexión coñecida como Zona Franca de Manaus. A zona franca foi creada por decreto en 1967 para auxiliar o seu desenvolvemento. Industrias podían instalarse e importar equipamentos e componentes coa isención de impostos. Instaláronse alí principalmente modernas industrias electrónicas (como Sanyo, Toshiba, Gradiente, etc) e de motocicletas (Honda, Yamaha) que hoxe abastecen o mercado brasileiro e tamén exportan.
Coa chegada das industrias, creceu a oferta de empregos calificados e mellor remunerados, inxectando máis diñeiro na economía local e mellorando o padrón de vida da poboación. Así, a pesar do crecemento xeral desordenado, a cidade mantén un baixo índice de mortalidade infantil: 22,7 mortes por mil nados vivos (abaixo do padrón aceite pola ONU de 32 mortes por mil).