Magnitude absoluta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Magnitude aparente que tería unha estrela se estivese situada a dez parsecs de distancia do punto de vista.
En efecto, non tódalas estrelas teñen o mesmo brillo. Para poder ordena-lo seu brillo estableceuse primeiramente a relación empírica da magnitude aparente ou relativa, na que as estrelas máis brillantes teñen magnitudes máis pequenas. Deste xeito, unha estrela moi brillante tería magnitude 0 ou 1, e unha estrela moi débil, case inapreciable a simple vista tería magnitude 6.
Como non tódalas estrelas están á mesma distancia e o seu brillo depende fortemente da súa proximidade á Terra, estableceuse unha distancia estándar para poder comparar o brillo de todas. Esta distancia é o parsec, que son aproximadamente 3,26 anos luz. Pois ben, na magnitude absoluta tómase como distancia de referencia 10 parsecs e así podemos comparar obxectivamente o brillo das estrelas.
Glosario de Astronomía |
Acimut | Afelio | Albedo | Bóveda celeste | Burato negro | Cénit | Corpo celeste | Clasificación estelar | Diagrama de Hertzsprung-Russell | Eclíptica | Eclipse | Efeméride | Ecuador celeste | Equinoccio | Esfera celeste | Estrela | Gravidade | Hemisferio celestial norte | Hemisferio celestial sur | Luminosidade | Intensidade de radiación | Magnitude absoluta | Magnitude aparente | Magnitude bolométrica | Nadir | Órbita | Perihelio | Planeta | Precesión | Solsticio | Tránsito | Trópico | Universo |