Luigi Taveri
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Luigi Taveri (Horgen 19 de agosto 1929) é un motociclista suízo retirado.
Debutou no mundo do motociclismo profesional en 1953 en 350cc pilotando unha AJS. En 1962 venceu o mundial de 125cc cunha Honda, asemade conquistou seis grandes premios: Francia, Irlanda, Bélxica, Ulster, Alemaña Oriental e Holanda totalizando 48 puntos na clasificación xeral. En 1964 conseguiu o seu segundo mundial, tamén en 125, cun total de 46 puntos. En 1966 con cinco vitorias conseguiu o segundo posto. Ó remate deste temporada retirouse da alta competición.