Lucius Accius
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lucius Accius. 170 a.C.-94 a.c. escritor romano nado en Pisarum.
Fillo dun liberto, a maior parte da súa obra consiste en adaptacións de dramas gregos, sobre todo inspirados na Ilíada. Pero foron dúas obras de ambientación romana, Brutus e Decius, as que máis éxito tiveron no seu tempo.
Da súa obra só quedan os títulos de 50 obras e algúns fragmentos, en total 700 versos.