Lisp
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lisp é unha familia de linguaxes de programación con unha longa historia e unha distintiva sintaxe chea de parénteses. Orixinalmente especificado en 1958, o Lisp é a segunda linguaxe de programación de alto nivel máis vella en extensión empregada hoxe en día; tan só o Fortran é máis vello. Coma o Fortran, o Lisp cambiou moito dende os seus primeiros días, e un número de dialectos existe na súa historia. Hoxe, o máis extensamente coñecido dialecto do Lisp de propósito xeral, son o Common Lisp e o Scheme.
Lisp foi orixinalmente creado coma unha práctica notación matemática para programas de computadores, baseado nos cáculos lambda de Alonzo Church. Rapidamente voltouse na linguaxe de programación favorita para a investigación na intelixencia artificial. Coma unha das primeiras linguaxes de programación, Lisp iniciou moitas ideas na informática, incluíndo árbores de estruturas de datos, xerencia automática de almacenaxe, escritura dinámica, [[programación orientada a obxectos]]...
O nome de Lisp deriva de "List Processing"(Listaxe de Procesos). Listaxes anidadas son as maiores estruturas de datos das linguaxes Lisp, e o propio código fonte do Lisp, en si mesmo, está feito de listaxes. Coma resultado disto, os programas en Lisp poden manipular código fonte coma unha estrutura de datos.
A intercambiabilidade de código e dados dalle ademais, ó Lisp, o seu instantaneo recoñecemento de sintaxe. Todo código de programa está escrito coma s-expresión, ou listaxes entre parénteses. Unha chamada a función ou a unha forma sintáctica está escrita coma unha lista co nome da función ou do operador primeiro, e os argumentos a continuación: (f x y z)
[editar] A invención do Lisp: 1958-1962
O Lisp foi inventado (ou, coma di Paul Graham, "descoberto" [1]) por John McCarthy in 1958 namentres el estaba no MIT. McCarthy publicou o seu deseño nunha folla no Magazine Communicatios of the ACM no 1960, tituado "Funcións Recursivas Expresións Simbólicas e a súa Computación por Máquinas. Parte I". (A segunda parte nunca foi publicada.) El mostraba que con unhas poucas operacións e unha notación para funcións, calquera pode construír unha linguaxe para algoritmos Turing-enteiros.
O Lisp foi implementado por Steve Russell nunha computadora IBM 704. Rusell lera o artigo de McCarthy, e deuse conta (para sorpresa de McCarthy) que a función eval podería ser implementada coma un intérprete de Lisp.
O primeiro compilador de Lisp, foi implementado no 1962 por Tim Hart e Mike Levin. ([ftp://publications.ai.mit.edu/ai-publications/pdf/AIM-039.pdf |AI Memo 39], 767 kB PDF.) Este compilador introduce o modelo Lisp de compilación incremental. A linguaxe empregada no memorándum de Hart e Levin está moito máis preto do Lisp moderno que do primeiro código de McCarthy.