Leis de Newton
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As leis de Newton son as leis que descreben o comportamento de corpos en movemento no marco da mecánica clásica. Foron enunciadas por Isaac Newton, daí o seu nome.
[editar] Historia
Newton publicou esas leis no seu traballo de tres volumes intitulado Philosophiae Naturalis Principía Mathematica en 1687. As leis explicaban varios dos resultados observados canto ao movemento de obxectos físicos.
Newton tamén demostrou no seu traballo como as tres leis, combinadas coa súa lei da gravitación universal, conseguian explicar as Leis de Kepler sobre o movemento planetario.
[editar] Definición
As leis de Newton son tres, enunciadas abaixo:
Primeira Lei de Newton ou Lei da Inercia: Un corpo que estexa en movemento ou en repouso, tende a manter o seu estado inicial.
Segunda Lei de Newton ou Principio Fundamental da dinámica: A resultante das forzas de actúa nun corpo é igual ao produto da súa masa pola aceleración adquirida.
Terceira Lei de Newton ou lei de acción e reacción: Para toda forza aplicada, existe outra de mesmo módulo, mesma dirección e sentido oposto.
[editar] Ver tamén
Template:Leis de Newton