Laertes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Laertes (Λαερτης) é, na mitoloxía grega, rei de Ítaca, fillo de Arcisio e Calcomedusa.
É famoso porque se considera nas obras de Homero como pai de Odiseo e Ctímene. Porén, tamén hai outras versións nas que Odiseo tería nacido da unión de Anticlea con Sísifo. Na Odisea aparece Laertes nun segundo plano, retirado e triste até a volta do seu fillo. Rexuvenecido entón o ancián monarca por Atenea, axuda ao seu fillo no preito de sangue surxido contra os familiares dos pretendentes mortos. Apolodoro inclúeo no catálogo dos Argonautas.