La Voz de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
La Voz de Galicia é un xornal galego fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel español convertíndose nun dos principais medios impresos por tiraxe de todo o país (123.639 exemplares e 655.000 lectores diarios segundo o último sondeo da OJD).
É cabeceira do grupo Voz, que ten a súa sede en A Coruña e que é propietario, ademais do citado xornal, de canais de radio, 41 frecuencias de radio, unha produtora de televisión, unha empresa de estudos de sondeo de opinión (Sondaxe), televisión e xornais como o Diario de León.