Khalid bin Abdul Aziz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Khalid bin Abdul Aziz (en árabe خالد بن عبد العزيز) tamén chamado Khaled ibn Abd Al-Aziz naceu en 1912. Foi o cuarto rei de Arabia Saudí.
Foi designado príncipe herdeiro en 1965, despois de que o seu irmán Muhammad bin Abdul Aziz rexeitase o seu posto sucesorio. Subiu ó trono en 1975 tralo asasinato do seu medio-irmán Faysal bin Abdelaziz Al Saud. Nunca estivo demasiado interesado na política e o poder sobre o pais ostentouno de facto o seu medio-irmán Fahd. Home relativamente despreocupado e piadoso, coma moitos membros da Casa de Saud, morreu dun ataque ó corazón o 13 de xuño de 1982. Foi sucedido por Fahd.
Notabels logros do seu reinado foron a elaboración do segundo "Plan Quinquenal" da historia de Arabia Saudí, que implusou a mellora das infraestructuras e o sistema sanitario saudí. Tamén convocou moitos cumios internacionais e inaugurou o Consello de Cooperación para os Estados Árabes do Golfo en 1981.
O Aeroporto Internacional Rei Khalid, en Riyadh, e a Cidade Militar Rei Khalid foron renomeados no seu honor.
Precedido por: Faysal bin Abdelaziz Al Saud |
Reis de Arabia Saudí e Lideres da Casa de Saud |
Sucedido por: Fahd bin Abdelaziz Al Saud |