Julie Andrews
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Julie Andrews (nada en Walton-on-Thames, Surrey 1935) actriz e cantante británica. Coñecida sobre todo pola súa actuación en Mary Poppins (1964) e The Sound of Music (Sorrisos e bágoas) (1965).
Naceu como Julia Elizabeth Wells, filla dun actor e unha pianista. Comezou a actuar diante as tropas británicas na Segunda Guerra Mundial, coa estrela infantil Petula Clark. En 1947 debutou como actriz de teatro, participando en musicais como The Boy Friend, My Fair Lady e Camelot.
Participou nas probas para o papel de protagonista do film, My Fair Lady que finalmente protagonizou Audrey Hepburn, como consolación déronlle o papel protagonista na versión musical de Mary Poppins (1964), pola que gañou o Óscar á mellor actriz, e o Grammy ao mellor disco para nenos por Mary Poppins. Nominada outra volta Converteuse, brevemente, nunha das máis solicitadas estrelas de Hollywood. Como resultado apareceu en filmes como Hawaii con Max von Sydow, Torn Curtain de Alfred Hitchcock (1966) e Thoroughly Modern Millie (1967).
A súa participación en Star! (1968) e Darling Lili, con Rock Hudson (1970), danaron a súa carreira, aínda que seguíu a protagonizar filmes ata os anos 80, destacan en especial 10, Victor/Victoria, e S.O.B., realizados polo seu home, Blake Edwards.
No ano 2001 volveu ao cine con The Princess Diaries de George Marshall. Julie escribiu libros para nenos co pseudonimo de Julie Andrews Edwards. O máis coñecido é The Last of the Really Great Whangdoodles.
[editar] Filmografía
- Mary Poppins (1964)
- The Americanization of Emily (1964)
- Salzburg Sight and Sound (1965)
- The Sound of Music (1965)
- Torn Curtain (1966)
- Hawaii (1966)
- Think Twentieth (1967)
- Thoroughly Modern Millie (1967)
- The Singing Princess (1967) (voz)
- Star! (1968)
- Darling Lili (1970)
- The Moviemakers (1971)
- The Tamarind Seed (1974)
- 10 (1979)
- Little Miss Marker (1980)
- S.O.B. (1981)
- Victor/Victoria (1982)
- Trail of the Pink Panther (1982)
- The Man Who Loved Women (1983)
- That's Life! (1986)
- Duet for One (1986)
- A Fine Romance (1991)
- Relative Values (2000)
- The Princess Diaries (2001)
- Unconditional Love (2002)
- Shrek 2 (2004) (voz)
- The Princess Diaries 2: Royal Engagement (2004)