User talk:Josepalvarezperez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia Josepalvarezperez. Para as parroquias usamos o Nomenclátor da Xunta, nel non aparecen como parroquias de Manzaneda nin Langullo nin Rozavales. Segundo o Nomenclátor son lugares das parroquias de Cesuris e de San Martiño de Manzaneda, en concecuencia os títulos dos artigos na Glipedia deben ser Langullo, Cesuris, Manzaneda e Rozavales, San Martiño de Manzaneda, Manzaneda. Por ese motivo corrixin a edición en Template:Manzaneda. Para nós é moi importante dispoñer de colaboradores dos propios concellos, grazas por axudarnos. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:09, 17 setembro 2006 (UTC)
- Non foi ningunha intromisión, paréceume unha edición normal feita por un colaborador que quere mellorar o contido. Só quixen aclarar o formato que seguimos e as fontes de onde proceden os nomes das parroquias e os lugares. Moitas grazas de antemán polas aportacións que poidas facer sobre as Terras de Trives. Consideramos moi valiosas as edicións que sirven para completar e mellorar todo aquilo que nos falta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:44, 17 setembro 2006 (UTC)
- Benvido á Galipedia Josepalvarezperez: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante, cobres un espazo que ningún de nós pode cubrir. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:33, 17 setembro 2006 (UTC)
[editar] Re: Template ref-internet
Polo de agora non, pero resulta interesante facelo. Se tes interese en facer algo así para aquí podes contar coa miña axuda para a adpatación ou creación do sistema. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:31, 25 setembro 2006 (UTC)
[editar] Xornal da Galipedia
Ola Josepalvarezperez, esta é unha copia da mensaxe que informa do que é o Xornal da Galipedia. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:21, 25 setembro 2006 (UTC)
[editar] 20.000 artigos
Ola Josepalvarezperez. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.
Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:57, 6 decembro 2006 (UTC)