José Canalejas Méndez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José Canalejas (Ferrol, 31 de xullo de 1854 - Madrid, 12 de novembro de 1912) foi un político español. Foi presidente del goberno de 1910 a 1912.
[editar] Vida
José Canalejas Méndez naceu na cidade de Ferrol. Era fillo de José Canalejas Casas, enxeñeiro e director do periódico El Eco Ferrolano. Instalado coa súa familia en Madrid desde os dous anos cursou os seus primeiros estudos no Colexio de Santoja e o bacharelato no Instituto de San Isidro. Neno prodixio, traduce ós dez anos do francés ó español unha pequena obra titulada Luis o el joven emigrado. Con só once oficia de correspondente político de prensa baixo o pseudónimo de "El cantor de Mugardos".
Inclinado por igual polas leis e polas humanidades, cursou á vez Dereito e Filosofía e Letras, doutorándose nas dúas carreiras. En 1872 é contratado como axudante da cátedra de "Principios xerais da lingua e Literatura Española". Concursa dúas veces á cátedra de Literatura na Universidade Central de Madrid pero non a consegue. A primeira vez gañaraa Menéndez Pelayo. A segunda Sánchez Moguel.
Chegou a ocupar os máis altos cargos de diferentes institucións. Foi decano do Colexio de Avogados de Madrid e presidente da Real Academia de Lexislación e Xurisprudencia. Formou parte da Academia de Ciencias Morais e Políticas e foi membro de número da Real Academia da Lingua española.
Simpatizante do Partido Demócrata Progresista, de ideas republicanas, abandonaría estas ideas cando se produza a restauración dinástica dos Borbóns integrándose nas filas do Partido Liberal de Sagasta, entón dirixido por Cristino Martos.
En 1876, Canalejas incorpórase ó Colexio de Avogados de Madrid, adquirindo dende os seus primeiros tempos de exercicio profesional a máis alta reputación. A súa dialéctica era áxil e contundente.
Será deputado por Soria en 1881 e, posteriormente, por Ágreda, Alcoy e Alxeciras. Ocuparía diversos cargos durante a rexenca de María Cristina (1885-1902). Sería, en 1883, subsecretario da Presidencia e a comezos de 1888 Ministro de Fomento. Máis tarde, en decembro, seríao de Graza e Xustiza. No período do 17 de decembro de 1894 ó 23 de marzo de 1895 desempeñou a carteira do Ministro de Facenda, e en 1902 a de Agricultura, Industria e Comercio.
En 1910 foi nomeado xefe de goberno tras os dramáticos acontecementos da Semana Tráxica de Barcelona e a caída de Antonio Maura.
A cuestión relixiosa resolveuna na chamada Ley del Candado("Lei do Cadeado") de 1910, que delimitaba as áreas de influencia da Igrexa e do Estado. Con relación ó problema catalán, propuxo o Proxecto de mancomunidades, en colaboración con Prat de la Riba. Interveu na cuestión marroquí, coa ocupación de Larache, Arcila e Alcazarquivir.
Foi asasinado a tiros en Madrid en 1912 por un anarquista cando se encontraba mirando o escaparate dunha librería da Porta do Sol.
[editar] Obra
Foi ademais de político, periodista, escritor e conferenciante. En 1875, publicou Apuntes para un curso de literatura latina en dous volumes, en 1888, Derecho parlamentario comparado e en 1910 Estudios sobre las Regalías de la Corona de España. Os seus primeiros triúnfos como orador conseguiunos no Ateneo. Foron célebres os seus discursos parlamentarios sobre as reformas militares de Cassola, os de apertura da Academia de Xurisprudencia, as conferencias do casino militar.
- "Don Quijote y el derecho". Conferencia. [1]
- Política Liberal. Conversaciones con D. José Canalejas. Madrid. 1912 [2]