Johan Oskar Backlund
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Johan Oskar Backlund (Länghem 1846 – 1916) foi un astrónomo ruso-sueco.
Estudou na Universidade de Uppsala, en 1876 emigrou a Rusia, alí traballou no observatorio de Dorpat (hoxe en Tartu, Estonia), en 1879 pasa ao observatorio de Pulkova, que dirixe dende 1895.
Especializado en mecánica celeste, traballou no cálculo da órbita do cometa Encke, e utilizou as súas observacións para estimar a masa de Mercurio. Realizou estudos xeodésicos nas Spitzbergen entre 1898 e 1900.