Jean-Baptiste Dumas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jean Baptiste André Dumas ( 1800 - 1884), foi un químico francés, coñecido polos seus traballos de análise e síntese orgánica, ademais da determinación do peso atómico por medio da medición das densidades de vapor.
Naceu en Alais (Gard). En 1816 trasladouse a Xenebra, onde acudiu ás clases de M.A. Pictet de física, C.G. de la Rive de química e Augustin Pyrame de Candolle de botánica, traballou con Pierre Prévost nos problemas de química fisiolóxica e mesmo de embrioloxía. . En 1822 marchou a París, onde actuou como conselleiro de Alexander von Humboldt e foi profesor de química, inicialmente no Lyceum e máis tarde (1835) na École polytechnique .
En 1826 Dumas demostrou que a masa molecular de certos compostos orgánicos é directamente proporcional á densidade do vapor do compostose a partir diso estableceu novos valores de masa atómica de 30 elementos, establecendo o valor para o hidróxeno en 1.
En 1833 desenvolveu un método para calcular a cantidade de nitróxeno das substancias orgánicas, iniciando os métodos modernos de análise.
En 1839 estableceu a teoría da substitución que afirma que en química orgánica as propiedades de certos compostos non cambian mesmo cando o seu hidróxeneo se reempraza cunha cantidade equivalente de halóxenos.
Elixido deputado en 1848. Entre 1850 e 1851 foi ministro de agricultura e comercio. Posteriormente foi senador e presidente concello municipal de París.