James Buchanan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
James Buchanan (23 de abril de 1791-1 de xuño de 1868) foi o decimoquinto presidente dos Estados Unidos, dende 1857 até 1861. Foi o único presidente que nunca casou, e tamén o único cidadán de Pensilvania elixido para desempeñar o cargo. O seu desempeño no mesmo foi criticado pola súa inacción fronte á división do país que provocaría o estoupido da Guerra Civil.
Presidente dos Estados Unidos | ||
---|---|---|
Segue a: Franklin Pierce |
James Buchanan (1857-1861) |
Precede a: Abraham Lincoln |
Partido Demócrata (Estados Unidos) |