Iugoslavia - Југославија
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Iugoslavia (serbo-croata: Југославија ou Jugoslavija: etimolóxicamente eslavos do sur), foi un estado situado na cordilleira dos Balcáns trala disolución do Imperio Austrohúngaro.
En 1918 fúndase o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. En 1929 troca o nome a Reino de Iugoslavia, ata que é invadido polas potencias do eixe en 1941, pasando a ser -Croacia- un estado títere de Berlín.
Trala derrota do eixe, esa zona é liberada por guerrilleiros partisáns e tropas do Exército Vermello en 1945. Estableceríase un estado comunista co nome República Federal Socialista de Iugoslavia. Este estado non puido sobrevivir á caída do bloque oriental, e na primeira guerra dos Balcáns (1991 - 1992), Bosnia - Hercegovina, Croacia, Eslovenia e Macedonia pasan a ser nacións independentes.
O país refúndase como República Federal de Iugoslavia para finalmente ser coñecido como Serbia e Montenegro.