IUCN
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, en inglés "The World Conservation Union" ou "International Union for Conservation of Nature and Natural Resources" (IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.
Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reune 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.
A misión da IUCN é influenciar, encoraxar e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que todo e calquer uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.
Estas son as Categorias de áreas de Manexo Protexido que existen:
- Ia - Reserva Estrita da Natureza
- Área de terra e/ou mar que posue algun ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, disponíbel primariamente para pesquisa científica e/ou monitoramento ambiental.
- Ib - Área Selvaxe
- Grande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, a cal é protexida e manexada de modo a preservar a sua condición natural.
- II - Parque Nacional
- Área natural de terra e/ou mar, destinada a:
- protexer a integridade ecolóxica de un ou mais ecosistemas para a xeración actual e as futuras;
- excluir a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;
- fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educacionais, recreativas e de visita, que debem ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.
- III - Monumento Natural
- Área contendo unh, ou mais, características natural/cultural que é de valor significativo ou único debido á sua raridade, cualidades representativa ou estética, ou significancia cultural inherente.
- IV - Área de Manexo de Hábitat/Especie
- Área de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.
- V - Paisaxe/Costa Protexida
- Área de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.
- VI - Área Protexida de Manexo de Recursos
- Área que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, embora suprindo ao mesmo tempo um fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.