Hierático
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O hierático é unha forma cursiva dos hieroglifos exipcios usada por primeira vez durante a I dinastía (2995-2775 a.C). A escrita hierática realizouse sempre con tinta e xunco, normalmente sobre papiro ou óstraca. Desde o 660 a.C. o demótico substituiu ao hierático para os usos laicos, ficando este relegado aos usos relixiosos.
Realmente, a escrita hierática é un segundo nivel de simplificacion dos hieroglifos. O primeiro serían os hieroglifos lineares, que son versións simplificadas dos hieroglifos que gardan o seu valor representativo. Os caracteres hierátivos non representan máis obxectos, senón que son signos arbitrarios, parecidos ás letras dun alfabeto.