Hidromel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O hidromel é unha bebida alcohólica fermentada a base de mel e auga. Consumida desde a antigüidade, a súa fabricación é anterior á do viño e seguramente á da cervexa.
Na Grecia clásica chamábase "melikraton" e os romanos chamábanlle "auga mulsum", aínda que esta poida ser unha variante feita con viño de uva adozado con mel.
Plinio conta que foi Aristeo quen criou a primeira fórmula do hidromel.
Outras culturas antigas consumidoras desta bebida foron os celtas, saxóns e viquingos. Tamén era coñecido o consumo dunha bebida similar polos maias.
Existía a tradición de que os matrimonios recén casados deberían consumir esta beberaxe durante o primeiro ciclo lunar despois das vodas para nacer un fillo varón. De aí surxiu a tradición actual da lúa de mel.