Herzog & de Meuron
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Herzog & de Meuron é unha firma de arquitectura Suíza de reputación internacional, fundada no 1978 por Jacques Herzog (nado o 19 de abril en Basilea) e Pierre de Meuron (nado o 8 de maio en Basilea), os cales seguen sendo os dos principais socios do estudo. Os seus primeiros traballos foron pezas reconstruvistas de modernidade, calificadas ó mesmo nivel co minimalismo de Donald Judd. Nembargantes, os seus traballos máis recentes, coma o Prada Epicenter de Toquio, o Edificio do Forum das Culturas de Barcelona e o Estadio Olímpico de Pequín, suxiren un troco de aptitude.
A pesar do seu compromiso coa primacía da materialidade amosada en tódo-los seu proxectos, a manipulación da forma foi dende o modernismo cúbico ata os prismas volumétricos de maior, ou polo menos, igual presencia. Ámbolos dous arquitectos acostuman facer referencia a Joseph Beuys coma unha fonte duradeira da súa inspiración e é moi usual a colaboración con outros artistas nos seus proxectos arquitectónicos. O seu éxito pode ser atribuido á creación de relacións descoñecidas, ou pouco usuais, a través de materiais de moita familiaridade e moi comúns.
[editar] Principais proxectos
- Ampliación do Centro de Arte , Mineapolis, 2005
- Edificio do Forum Universal das Culturas, Barcelona, 2004
- Centro de danza Laban, Deptford Creek; Londres, 2003
- Parque de St. Jakob (estadio de fútbol); Basilea, 2001
- Tate Modern, Bankside, Londres; 1995–2000
- Torre da estación de ferrocarís, Basilea; 1994–1997
- Allianz Arena (estadio de fútbol), Munich; 2005
[editar] Proxectos baixo construcción
- Estadio Olímpico, Pequín
[editar] Galardóns
- Premio Schock, 1999
- Premio Pritzker, 2001
- Premio Stirling, 2003, polo Centro de danza de Laban.
|
|||
Philip Johnson (1979) · Luis Barragán (1980) · James Stirling (1981) · Kevin Roche (1982) · Ieoh Ming Pei (1983) · Richard Meier (1984) · Hans Hollein (1985) · Gottfried Böhm (1986) · Kenzo Tange (1987) · Gordon Bunshaft e Oscar Niemeyer (1988) · Frank Gehry (1989) · Aldo Rossi (1990) · Robert Venturi (1991) · Álvaro Siza (1992) · Fumihiko Maki (1993) · Christian de Portzamparc (1994) · Tadao Ando (1995) · Rafael Moneo (1996) · Sverre Fehn (1997) · Renzo Piano (1998) · Norman Foster (1999) · Rem Koolhaas (2000) · Jacques Herzog e Pierre de Meuron (2001) · Glenn Murcutt (2002) · Jørn Utzon (2003) · Zaha Hadid (2004) · Thom Mayne (2005) · Paulo Mendes da Rocha (2006) |