Hendrik Lorentz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hendrik Antoon Lorentz (18 de xullo de 1853, Arnhen, Países Baixos - 4 de febreiro de 1928, Haarlen, Países Baixos) foi un físico neerlandés que recebeu en 1902 o premio Nobel de Física polo seu traballo sobre as radiacións electromagnéticas.
A maior parte dos seus traballos envolveu o electromagnetismo. Deixou o seu nome ás transformacións de Lorentz, que forman a base da teoría da relatividade restrita de Einstein.