Gran Lago Salgado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Gran Lago Salgado (inglés Great Salt Lake) é un lago localizado na parte septentrional do estado de Utah, nos Estados Unidos da América, cuxa característica principal é unha salinidade elevada, maior do que a dos oceanos. Salt Lake City situase na marxe leste do lago.
Ten unha superficie aproximada de 4400 km², é pouco profundo, cunha media de 4 metros. A auga é moi salgada, entre 4 e 8 veces máis que o océano. A altitude do lago é de 1280 metros, nunha rexión árida privada de toda influencia oceánica polas Montañas rochosas.