Gramática xenerativa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A gramática xenerativa é unha teoría lingüística elaborada por Noam Chomsky e outros lingüistas do MIT a comezos da década de 1960 que pretende dar conta da creatividade dos falantes.
Nas súas hipóteses, a capacidade lingüística (exclusiva dos seres humanos) repousa sobre a existencia de estruturas universais innatas que tornan posíbel a adquisición das linguas naturais. O mecanismo mental que se activa permite emitir e comprender frases que nunca antes se enunciaran. A gramática xenerativa oponse aos modelos distribucional e estrutural, que só poden describer frases realizadas.
A gramática é un mecanismo finito que permite xerar ("producir", "crear") un conxunto infinito de frases gramaticais ben formadas. Esa gramática constitúe o saber lingüístico dos individuos que falan unha lingua, isto é, a súa competencia lingüística.
As gramáticas xenerativas constan de tres compoñentes:
- compoñente sintáctico
- Sistema de regras que definen as frases permitidas nunha lingua.
- compoñente semántico
- Sistema de regras que definen a interpretación das frases xeradas polo compoñente sintáctico.
- compoñente fonolóxico ou fonético
- Sistema de regras que realizan nunha secuencia de sons as frases xeradas polo compoñente sintáctico.