Gordon Banks
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gordon Banks, Fútbolista inglés, OBE (nado en Sheffield, o 30 de nadal de 1937) está considerado un dos mellores porteiros da historia. Foi un dos pilares do equipo que gañou o Mundial de Fútbol en 1966. En Inglaterra era coñecido coma "Banks Of England" (Banks de Inglaterra) debido á súa habilidade. En inglés é un xogo de palabras con "Bank of England" (Banco de Inglaterra).
Xogou nos seguintes clubes:
- 1955-59 Chesterfield F.C.
- 1959-67 Leicester City F.C.
- 1967-72 Stoke City F.C.
- 1977-78 Fort Lauderdale Strikers
- 1980 Adestrador do Telford United
Foi galardonado coa OBE no ano 1972. Ese mesmo ano perdeu a visión nun ollo a consecuencia dun accidente de tráfico.
Moita xente atribúe a Gordon Banks a mellor parada de tódolos tempos. Foi no Mundial de 1970, contra Brasil, cando rexeitou un maxistral testarazo de Pelé axustado ó pao amosando unha axilidade abraiante.