Ghawar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ghawar é un campo petrolífero de Arabia Saudí na provincia oriental a 100 km da cidade de Dhahran. É o maior campo petrolífero convencional do mundo cunha extensión de 280 km por 30 km. A produción lévaa a compañía estatal Saudi Aramco e estímase a súa produción en 5 millóns de barrís ó día (6.25% da produción mundial)