George Bancroft (historiador)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este é o artigo sobre George Bancroft, historiador e político norteamericano, se procura outra persoa co mesmo nome vexa George Bancroft.
George Bancroft (Worcester, Massachusetts 1800 – Washington 1891) foi un historiador e político norteamericano.
Fillo dunha familia que se remontaba á época dos primeiros europeos en América, educouse nas mellores institucións educativas dos Estados Unidos e Alemaña Foi Secretario de marina (1845-1846) e fundou a Escola Naval de Annapolis. Foi tamén embaixador en Londres (1846-1849) e en Berlín (1867-1874), Bancroft asinou con Prusia e outros estados alemáns os coñecidos como tratados Bancroft, considerados o primeiro recoñecemento do dereito de expatriación.
Como historiador escribiu History of the United States (1837)