George Arliss
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
George Arliss (1868 – 1946). Actor británico.
Comezou actuando no teatro, en 1921 marcha a Estados Unidos e protagoniza o seu primeiro film, The Devil, seguido por Disraeli. En 1929 protagonizou unha nova versión sonora de Disraeli, pola que gañou un Oscar. Protagonizou numerosos films históricos como Alexander Hamilton, Voltaire e Cardinal Richelieu.
Publicou en dous volumes a súa autobiografía, Up the Years from Bloomsbury (1927) e My Ten Years in the Studios (1940).