Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os furigana son caracteres kana (hiragana ou ben katakana) de tamaño menor que se colocan preto dun kanji ou doutro carácter para indicar a súa pronuncia.
- Na escrita vertical colócanse á dereita do carácter.
- Na escrita horizontal están situados enriba do carácter.
Empréganse nos seguintes casos:
- En libros escritos para nenos que non dominan a lectura dos kanji, así como nalgúns manga (deseños animados xaponeses)
- En caracteres que non se atopan na lista dos 1945 kanji de uso común ou Jôyô kanji.