Fuentearmegil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fuentearmegil é un concello da provincia de Soria na Comunidade Autónoma de Castela e León.
Está situada ao oeste da provincia.
Fuentearmegil é a cabeza de municipio e o seu termo está formado por Fuencaliente do Burgo, Santervás e Zayuelas.
Polo termo desta vila discorren os ríos Cejos e Perales, afluentes do Douro pola súa marxe dereita. Coa auga que mana, réganse os legumes, alubias, garavanzos e patacas.
Flora: manzanilla real, fiuncho, malva, pinillo.
[editar] Historia
Fuentearmegil sufriu avatares coa intervención directa dos nobres. Urraca de Avellaneda fundou un mosteiro no seu agregado Fuencaliente.
Séculos máis tarde, as localidades que agora forman o termo, pasaron a mans do conde de Adanero e marqués de Castro Serna, ao parecer de forma fraudulenta, xa que o seu administrador rexistrou terras, casas e ata edificios relixiosos a nome do conde, a finais do século XIX; hai que dicir que cando esta anotación se levou a cabo na notaría do Burgo en 1886, os colonos tomaron cartas no asunto denuciando o feito. En 1924, logo de formar un sindicato, os veciños compraron aos nobres todas as terras e as súas casas.
A igrexa parroquial está dedicada a San Andrés e pódense ver restos de arquitectura árabe e románica. Na praza da igrexa e á fronte colocaron a picota ou rolo, símbolo da vila e de poder xurisdiccional; ao redor dela poden verse enroladas unhas longas cadeas.
Teñen unha ermida, dedicada a San Roque, e outra no despoboado de San Juan de Cañicera, dedicada a San Xoán Bautista; este despoboado reparte a súa terra entre Fuentearmegil, Guijosa e Alcubilla de Avellaneda.
Durante as festas principais, en honor de Santa Isabel, todas as casas aparecen enramadas, costume que se conserva e que dá ao pobo un aspecto florido e radiante durante as súas festas.
Un bo chopo, recto e alto, serve para pingar o maio, a noite do último día de abril e o primeiro de maio.
Son os habitantes deste alegre lugar moi afeccionados á música popular.