France Prešeren
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
France Prešeren (3 de decembro de 1800 - 8 de febreiro de 1849) foi un poeta romántico esloveno que é aclamado como o poeta nacional. O seu nome atópase ás veces xermanizado como "Franz Prescheren",
A súa obra máis famosa, Sonetni Venec (Guirnalda de sonetos) inspirouna o seu amor infeliz por Julija Primic (xermanizado como "Julia Primitz") e a morte do seu amigo íntimo, o poeta Matija Čop (Matthias Tschop). Moitos dos versos desta obra están cheos de paixóns agre-doces. Sonetni Venec está escrito nun formato interesante: o último verso dun soneto convírtese na primeira liña do seguinte, o que convirte os catorce sonetos da colección nunha "guirnalda" entreverada de liricismo emocional: un soneto non pode existir sen o outro. Os primeiros versos dos catorce sonetos forman outro soneto e as primeiras letras destas liñas forman as palabras "Primicovi Julji", "a Julija Primic". O poema de Prešeren "Zdravljica" ("Un brindis") é, desde 1991, o himno nacional esloveno.
Prešeren morreu o 8 de febreiro de 1849 en Kranj. Esta data, Día de Prešeren, é hoxe a Festividade da Cultura Eslovena.
France Prešeren aparece nos billetes de 1000 tolar eslovenos.