Figuras estilísticas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Figuras do compoñente métrico fonolóxico
- Aliteración: Combinación repetida de certos sons iguais ou afíns ó longo dun verso, estrofa ou poema.
- Apóstrofe: Nunca leva signos de interrogación. Invocación ou chamada a un ser ausente ou presente, real ou imaxinario, mesmo personificado.
- Exclamación retórica: Sempre entre signos de exclamación. O poeta trata de expresar sentimentos subxectivos conectados directamente coas súas máis íntimas sensacións.
- Fonosimbolismo: Evocación de sensacións non auditivas por medio da expresividade dos sons, Pode ser visual, táctil, cinético ou auditivo
- Interrogación retórica: Entre signos de interrogación. Consiste na formulación dunha pregunta que non precisa ningunha resposta.
ONOMATOPEA: Aliteración que trata de reproducir ou suxerir sons da realidade.
- Paronomasia: Reunión de voces de pronuncia semellante con significados distintos
- Similicadencia: Úsanse palabras con son semellantes no mesmo accidente gramatical (verbos con mesmos sufixos).
[editar] Figuras do compoñente morfosintáctico
[editar] Por omisión
- Reticencia: Figura que consiste en deixar unha idea sen acabar a nivel gráfico porque se sobreentende. Vai indicada por puntos suspensivos: Ofreceume os seus labios e...
- Braquiloxía: Supresión de elementos da frase que non están no contexto
- Zeugma: Figura estilística que consiste na omisión dun termo nun enunciado estando este presente nos seguintes
- Asíndeto: Figura retórica que consiste en omiti-las conxuncións para dar viveza ou enerxía ó concepto.
- Parataxe: É a relación de coordinación entre dúas frases (que están nunha relación de subordinación implícita) dentro dun enunciado
- Elipse: Elisión de elementos gramaticais.
[editar] Por acumulación
- Amplificación: Figura retórica consistente no desenvolvemento dun motivo cun máximo de palabras para alonga-lo texto.Pode valerse de calquera fenómeno producido por acumulación ou recorrencia.
- Paráfrase: Figura retórica consistente en repetir ou traducir un discurso oral ou escrito con liberdade, sen se axustar ó orixinal.
- Paréntese: Inclusión no medio dun discurso oral ou escrito de asuntos secundarios que supoñen unha pausa ou ralentización no percorrido principal.
- Expolitio: Achega un mesmo motivo con múltiplas perspectivas.
- Interpretación: Consiste en repeti-lo mesmo con outras palabras.
- Digresión: Inclusión no medio dun discurso oral ou escrito de asuntos máis ou menos improcedentes que supoñen unha saída fóra de tema.
- Perífrase: Exprésase por medio dun rodeo de palabras o que podería ser dito máis brevemente.
- Pleonasmo: Engadir palabras innecesarias pero arriquecedoras pola seu valor expresivo.
- Circunlución: Expresión por medio dun rodeo de palabras de algo que pode designarse máis directamente
- Enumeración: Acumulación ordenada ou caótica de palabras sucesivas
- Paradiástole: Acumulación opositiva de expresións con significados próximos
- Epíteto: Adxectivo que repite un ou varios semas do significado da palabra á que se refire.
[editar] Por alteración da concordancia
- Silepse: Ruptura da concordancia gramatical mantendo o sentido semántico
- Hipálaxe: Aplicación dun complemento oracional a unha parte que non lle corresponde
- Anacoluto: Ruptura da concordancia gramatical producindo un efecto ilóxico
[editar] Pola orde
- Enálaxe: Figura gramatical mediante a que se realiza o cambio funcional dunha parte de discurso por outra.
- Hipóstase: Emprego dunha palabra desenvolvemdo unha función sintáctica que non lle compete.
- Hipérbato: Alteración da orde lóxica ou normal da frase.
- Histetoloxía: Hipérbato que anticipa o que loxicamente debería estar posposto.
- Tmese: Hipérbato que intercala un elemento entre dous compoñentes dunha palabra, habitualmente composta.
- Catáfora: Presentación anticipativa do que vai vir despois.
- Retruécano: Dici-las mesmas palabras con orde inversa e significado contrario.
- Calambur:Figura que xorde cando ó agrupar doutro modo as sílabas das palabras estas cambian de significación.
[editar] Por concorrencia
- Anadiplose: A última palabra dun verso é a primeira do verso seguinte.
- Epanalepse: Repetición dunha ou máis palabras en contacto.
- Epanadiplose: A primeira palabra dun verso é a última dese verso ou do verso seguinte.
- Concatenación: Continuación progresiva da anadiplose.
- Anáfora: Repetición dunha ou varias palabras ó inicio do verso.
- Epífora: Repetición dunha palabra ou grupo de palabras ó final dun verso, dunha estrofa ou dun período.
- Epínome: Repetición dunha expresión ou dun verso ó longo do texto.
- Complexión: Anáfora e epífora simultáneas.
- Paralelismo: Estruturación dunha composición en varios conxuntos seguindo o mesmo esquema.
- Polipote: Consiste en empregar palabras da mesma raíz potenciando o seu valor semántico.
- Homeoptoto ou Similicadencia: Repetición dunha raíz con diferentes sufixos.
- Polisíndeto: Repetición de conxuncións. Moi frecuente na lírica popular
[editar] Figuras do compoñente semántico
- Metáfora: Tropo que designa un obxecto mediante outro co que ten unha relación de semellanza
- Símil ou Comparación: Consta dun plano real A e un plano evocado B, unidos por un nexo comparativo (como,...)
- Alegoría: Metáfora continuada
- Metonimia ou Sinécdoque: Noméase o todo por unha parte, unha parte por outra, unha parte polo todo,...
- Antonomasia: Consiste en substituír un nome común por un nome propio (tamén pode ser común), o cal posúe algunha relación co inicial nome común.
- Prosopopeia: Atribúese calidades humanas a algo que potencialmente carece delas
- Lítote: É a atenuación do que se quere expresar. Atenuación que se logra mediante un rodeo de palabras, normalmente precedidas do adverbio de negación non
- Sarcasmo: Ironía cruel ou mordaz.
- Oxímoron: Unión de conceptos incompatibles
- Paradoxo: Unión de ideas aparentemente opostas ou irreconciliables.
- Silepse ou Diloxía: Palabra usada en dous sentidos simultaneamente.
- Hipérbole: Esaxeración desmesurada.
- Sinestesia: É un tropo que consiste en mesturar sentimentos con sensacións visuais, olfativas, gustativas,...
- Antífrase: Atribucións a un elemento de características contrarias ás súas
- Antítese: Oposición de elementos contrarios.
- Oxímoron: Unión de conceptos incompatibles
- Ironía: Consiste en expresar unha idea con palabras que indican aproximadamente o contrario do que e quere dicir.
- Símbolo: Consiste en substituír un substantivo que se refire a un elemento ou sentimento por outro substantivo con que aparentemente non ten relación. O elemento, polo que se substitúe trata de representar unha realidade espiritual.