Falcóns do espacio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Falcóns do espacio é unha serie americana na que monicreques interveñen en diversas aventuras para salva-la Terra dunha invasión alieníxena.
Foi creada en 1983 por Gerry Anderson e Christopher Burr baixo o nome orixinal de Terrahawks. Na televisión galega emitiuse a comezos dos anos 90. A serie contou en total con dúas tempadas (39 capítulos).
[editar] Sinopse
A acción desenvólvese no ano 2020. A base marciana da NASA é atacada e destruida por uns alieníxenas comandados pola androide Zelda. Na Terra fórmase un grupo de acción nunha base en sudamérica (O niño do falcón). Este grupo especializado constrúe aparatos de combate e un exército de robots con forma de bola (os zeroides).