Eva Perón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eva María Ibarguren, máis coñecida como Eva Perón naceu en Los Toldos o 7 de maio de 1919 filla non recoñecida do estancieiro Juan Duarte e Juana Ibarguren. Desde os 11 anos a súa infancia transcorreu en Junín. En 1935 marchou a Bos Aires para traballar como actriz, debutou o 28 de marzo de 1935 no Teatro Comedias nun papel secundario en La Señora de los Pérez, foi unha época na que viviu con poucos recursos ata que en 1937 comezou a actuar en radionovelas, en especial comezou a adquirir fama Los jazmines del ochenta. En 1939 e apareceu nalgúns filmes pero foi en 1942 cando adquiriu fama ao facerse sumamente popular a radionovela Grandes mujeres de la historia na que tiña un papel protagonista. Unha das promotoras da Asociación Radial Arxentina, foi elixida a súa presidenta en 1944, o ano que coñecera a Juan Domingo Perón, casando o 21 de outubro de 1945. Eva participou activamente na campaña presidencial de 1945 do seu esposo que foi un éxito e Eva colaborou na organización de cooperativas obreiras e na implantación de diversos beneficios sociais. En 1947 visitou diversos países europeos, entre eles a España de Franco Creou e converteu á Fundación Eva Perón, de carácter privado pero financiada con fondos públicos nunha especie de ministerio oficioso para mellorar as condicións das clases máis desfavorecidas pero entrou en conflito coa Sociedad de Beneficencia, unha entidade paraestatal dirixida por mulleres da clase alta que tradicionalmente se encargana na Arxentina da axuda social, o que fixo por extensión se enfrontase coa oligarquía arxentina e coas forzas armadas. Pero tamén é certo que o modo de vida de Eva, con ostentación de riqueza e casos de corrupción como o de seu irmán Juan non a axudaron.
Partidaria da igualdade de dereitos da muller, fundou en 1949 o Partido Peronista Feminino que tiña garantido un terzo dos cargos electos do peronismo e consegue o recoñecemento do voto feminino. Proclamada candidata á vicepresidencia da República o 22 de agosto de 1951 pero renuncia ante a oposición dos militares. Enferma de cáncer morreu o 26 de xullo de 1952