Esquerda política
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En política, esquerda é un termo referido (sen precisión particular) ó segmento do espectro político típicamente asociado a calquera clase de socialismo ou socialdemocracia, en oposición á dereita política e ó liberalismo.
A terminoloxía de esquerda-dereita política está orixinalmente basada no lugar no que se sentaban os partisanos parlamentarios durante a Revolución Francesa. Os partidarios máis ardentes de medidas revolucionarias radicais eran denominados comúnmente como esquerdistas porque sentaban no lado esquerdo das sucesivas asambleas lexislativas.
Dentro da esquerda, existe un amplo espectro político que vai desde a esquerda moderada á extrema esquerda. O comunismo (así como a filosofía marxista na que se baséa) e o anarquismo están considerados como formas radicais de esquerda política. A esquerda tamén está asociada cós sindicatos e as manifestacións, índa que estos non sexan exclusivos da esquerda. Tamén considéranse de esquerda movementos sociais como o da antiglobalización, o ecoloxismo, o feminismo, os okupas, o pacifismo ou os punks.
Os conceptos de esquerda e dereita, de todas formas, son relativos ó país e á situación política do propio país e do mundo.