Enrique Gil y Carrasco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Enrique Gil y Carrasco (Vilafranca 1815 - Berlín 1846) foi un escritor romántico do Bierzo.
Naceu o 15 de xullo de 1815 no Bierzo, aínda que seu pai era Soria e a súa nai de Zamora. En 1823 a súa familia trasládase a Ponferrada. Estudou alí cos agostiños e en 1829 marcha a Astorga para continuar os seus estudos no seu seminario. En 1832 matricúlase na Universidade de Valladolid. En 1836 trasládase a Madrid e participa na tertulias literaria do Parnasillo, onde coñece a escritores como José de Espronceda, Mariano José de Larra ou José Zorrilla e comeza a escribir poemas que aparecen en xornais como El Español ou Semanario Pintoresco Español, onde en 1840 apareceu por entregas El lago de Carucedo, e nese ano obtén unha praza de axudante na Biblioteca Nacional. En 1844 publica a novela histórica El Señor de Bembibre, a súa obra máis coñecida, e nese ano trasládase a Berlín como secretario da embaixada española. Morreu de tuberculose pulmonar o 22 de febreiro de 1845.
[editar] Obra
Enrique Gil y Carrasco publicou un total de 32 poemas, o primeiro Una gota de rocío publicouse en decembro de 1837. Nos seus poemas destacan os temas da natureza, a morte, o esquecemento, a saudade nunha poesía de carácter intimista.
Escribiu tamén artigos costumistas na prensa da época a partir de 1839 en El Semanario Pintoresco Español.
Pero sobre todo coñécese a Gil y Carrasco como autor de novelas e relatos. En 1838 apareceu, en El Correo Nacional, El anochecer en San Antonio de la Florida, un relato autobiográfico. El lago de Carucedo (1840) é un relato histórico que acontece no século XV.
El Señor de Bembibre (1844) Gil y Carrasco escribiu baixo a influencia da desamortización de Mendizábal, e con recursos literarios tirados, en parte, de Walter Scott, a novela está considerada unha obra epigonal do movemento romántico.