Enciclopedia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha enciclopedia é un compendio do coñecemento humano. O término procede do grego εγκύκλιος παιδεία (enkyklios paideia), que significa "nun círculo de instrucción".
As enciclopedias poden ser xerais, contendo artigos sobre temas de todalas áreas, ou poden especializarse nun campo en particular (por exemplo, unha enciclopedia de ciencia). Tradicionalmente, a información ordease alfabéticamente por palabras que describen os temas.
Moitos escritores antigos (coma o filósofo Aristóteles) fixeron o intento de compendiar todo o coñecemento humano. Nembargantes John Harris é quen recibe o crédito por ter establecido o agora familiar formato de enciclopedia no 1704 co seu Lexicon technicum. A venerábel Enciclopedia Británica tivo un comezo modesto, de 1768 a 1771 publicáronse tan só tres volumes. Cecais a máis famosa enciclopedia antiga foi a Francesa Encyclopédie, editada por Denis Diderot e compretada no 1772.
As enciclopedias, pola súa estrutura de palabras e referencias cruzadas, son extremadamente apropiadas para trasladalos seus contidos do formato impreso ó formato dixital. Primeiro porque é bastante doado explorar e atopar o que se está buscando e tamén porque é posíbel engadir sons, vídeos e outros contidos multimedia.
[editar] Historia
O maior fito do período da Ilustración do Século XVIII é a Encyclopédie ou Dictionnaire raisonné des Sciences, des Arts et des métiers, compilada por un grupo de escritores e homes de ciencia de Francia. De maneira plenamente consciente, estes homes estaban dando as costas tanto á relixión como á metafísica vendo na ciencia pura unha nova forza motriz intelectual.
Reuniron nunha vasta obra todolos coñecementos científicos da época, non coma un mero rexistro alfabético, senón coma un relato do modo científico de enfrentarse co mundo. Neste senso, é especialmente interesante o seu Discours préliminaire des editeurs no que se enmarca o coñecemento humano en tres facultades: Historia, Filosofía e Belas Artes, recoñecendo as dificultades da clasificación das ciencias que se viñan desenvolvendo dende o século XVII.
Estes escritores desexaban forxar un poderoso instrumento para a loita contra o oscurantismo das autoridades políticas e relixiosas.
A maioría das figuras culturais e científicas da época colaboraron nesa empresa. Entre elas destacan D'Alembert, Diderot e Voltaire.
[editar] Enlaces Externos:
- Enciclopedias en Internet (en inglés):
- Wikipedia
- Enciclopedia Británica (requírese unha cuota de suscripción para un acceso compreto)
- Encarta
- Open Site
- Hall Encyclopedia Enciclopedia y diccionarios en Inglès
- Columbia Concise
- Grolier
- Comptons
- Stanford Encyclopedia of Philosophy
- Internet Encyclopedia of Philosophy
- Internet Encyclopaedia