Elisión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Elisión (do latín elisio, tradución do grego élleipsis) é, en fonética sintáctica, o tipo de metaplasmo que consiste na perda dunha vogal ou grupo de vogais no final dunha palabra situada ante outra palabra que empeza por vogal. En métrica este fenómeno denomínase sinalefa e serve para diminuír o cómputo total de sílabas do verso.
No galego común a agrupación de vogais heterosilábicas (é dicir, de distinto timbre) na cadea sonora do discurso resólvese ás veces mediante unha crase (contacción na escrita) ou cunha sinalefa na cadea falada sen representación á hora de escribir, mínimos son os casos en que se representa a elisión co signo gráfico, que se utiliza noutras linguas (italiano ou francés), chamado apóstrofo (').
- casos de elisión en formas lexicalizadas: ó (ao), do (de + o), có (ca + o)
- casos de elisión por sinalefa sen representación escrita: queridísimo amigo (o -o final pasa a formar unha única sílaba xunto co a- inicial)
- casos en que se representa con apostrofo: Cos títulos de obras, se estas empezan por vogal: Falamos d'"A Esmorga" de Blanco Amor
A palabra elisión emprégase tamén algunhas veces no sentido de elipse.