Dióxido de carbono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fórmula estrutural | |
---|---|
Xeral | |
Nome IUPAC | Dióxido de carbono |
Nomes comuns | Anhídrido carbónico Gas carbónico Xelo seco (cando en estado sólido) |
Fórmula química | CO2 |
Aparencia | gas incoloro |
Número CAS | 124-38-9 |
Físicas | |
Masa molecular | 44,0 um |
Ponto de fusión | 216 K (-57 °C) (presurizado) |
Ponto de ebulición | sublima a 195 K (-78 °C) |
Densidade | 1,6 ×103 kg/m3 (sólido) 1,98 kg/m3 (gas a 298 K) |
Solubilidade | 0,145 g/100ml de auga |
Termoquímica | |
ΔfH0gas | -393,52 kJ/mol |
ΔfH0sólido | ? kJ/mol |
S0gas | 213,79 X·mol-1·K-1 |
S0sólido | ? X·mol-1·K-1 |
Seguranza | |
Frases de Risco e Seguranza | R: - S:9, 23 |
Inxestión | Pode causar náusea, vomitos, hemoraxía gastro-intestinal. |
Inalación | Asfixia (sufocamento), causa hiperventilación. |
Pel | O xelo seco pode ocasionar ulceracións. |
Ollos | Pode levar a cegueira. |
Máis informacións | Hazardous Chemical Database |
Unidades do SI son usadas cando posíbel. Salvo cando se especifica o contrario, son considerados condicións normais de temperatura e presión. |
O dióxido de carbono, ou anhídrido carbónico é un composto químico constituído por dous átomos de oxíxeno e un átomo de carbono. A representación química é CO2. O dióxido de carbono foi descoberto polo escocés Joseph Black en 1754.
É un gas incoloro, inodoro e insípido, de fórmula CO2, que se produce pola oxidación completa do carbono nos procesos biolóxicos e industriais ou como consecuencia dos incendios forestais, por poñer dous exemplos a parte da expiración humana. É un composto covalente.
Debido á utilización, cada vez maior, dos combustibles fósiles e á proliferación dos incendios forestais, a porcentaxe de dióxido de carbono na atmosfera está aumentando progresivamente desde o inicio da revolución industrial (a mediados do século XVIII era do 0,0289%, a mediados do século XX do 0,030% e a finais del, do 0,035%), polo que constitúe un contaminante atmosférico que contribúe ó incremento do efecto invernadoiro e, consecuentemente, á elevación da temperatura da atmosfera, cun imprevisible efecto sobre os cambios climáticos.
O dióxido de carbono é soluble en auga, tendo a súa solución carácter ácido, o que favorece a disolución das rochas calcarias.
A denominación anhídrido carbónico non se admite nas normas de nomenclatura química inorgánica da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada ([IUPAC]), aínda que se usa moito de xeito tradicional.
Os animais ao respiraren toman oxíxeno da atmosfera e devólveno na forma de dióxido de carbono. Por outro lado, as plantas retiran este gas do ar e utilizano na fotosíntese. Este proceso denominado ciclo do carbono é vital para a manutención dos seres vivos.
Estruturalmente, o dióxido de carbono está constituído por moléculas de xeometría lineal e de carácter apolar. Por iso as atracións intermoleculares son moito fracas, tornándoo, nas condicións ambientais, un gas. De ahí o seu nome comercial gas carbónico.
O CO2 , mantido en determinadas cantidades no ar atmosférico, é un dos gases responsabeis da temperatura terrestre. Sen este gas a Terra sería un bloque de xelo. Por outro lado, un exceso de CO2 impede a saída de calor da atmosfera, provocando un quencimento do planeta denominado efeito estufa. Constitúe un 0,03% en volume da atmosfera (en aumento por procesos diversos de actividades humanas), de onde o toman as algas e as plantas para fixar o carbono en forma de materia orgánica, entrando así este elemento no seu ciclo bioxeoquímico.
Nas últimas décadas, debido á enorme queima de combustíbeis fósiles, a cantidade de gas carbónico na atmosfera aumentou moito, contribuíndo ao aquencimento do planeta.
Índice |
[editar] Aplicacións
- O CO2 é utilizado en bebidas (bebidas carbonatadas) para darlles efervecencia.
- É utilizado en extintores durante os incendios para isolar o oxíxeno do combustíbel.
[editar] Riscos
- Inxerido pode causar irritacións, náuseas, vómitos e hemorraxias no trato dixestivo. Inalado produce asfixia.
- O xelo seco en contato coa pel causa queimaduras.
- Máis informacións: [1] (en inglés)
[editar] Ver tamén
- Carbono
- Respirazón
- Fotosíntese
- Ciclo do carbono
- Efeito estufa
[editar] Ligazóns Externas
- Dry Ice information
- Basan Z. Shakhashiri: Chemical of the Week: Carbon Dioxide
- Keeling, C.D. and T.P. Whorf: Atmospheric carbon dioxide record from Mauna Loa, 2002