Talk:Deportivo de La Coruña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
debería ser "Deportivo de A Coruña", nonsi??--XoseL 11:16, 6 xaneiro 2006 (UTC)
- O seu nome oficial é como figura no artigo. Agora os nomes dos clubs creo que non se adoitan traducir, aínda que queres a min f. que sexa La Coruña, con ben pouco respecto para a lingua do país e a súa toponimia.--Rocastelo(fálame aquí) 11:17, 6 xaneiro 2006 (UTC)
[editar] Dani Mallo
Dani Mallo xa non está no cadro de xogadores do Deportivo. Aí pon que os datos están actualizados a xuño de 2006. Eu por min quitaba a Mallo e metía a Arbeola, pero tamén me dá máis máis medo escarallar algo que facer ben. Como o vedes?--Xabier Cid 09:33, 30 xullo 2006 (UTC)
[editar] Español?
Por certo, iso de definir o Deportivo como español, como se fósemos a wikipedia maorí, é por un ataque de celtismo exacerbado ou por obxectividade? ;) Non sería mellor galego?--Xabier Cid 09:42, 30 xullo 2006 (UTC)
- Penso que debemos galeguizar o nome. Podemos deixar o nome oficial na táboa, pero o nome da páxina debería estar galeguizado. Igual penso con equipos como o Olimpique de Marsella, que debería ser así e non "Olimpique de Marseille".--Norrin_strange (Talk) 09:59, 30 xullo 2006 (UTC)
- A min Norrin convenceume. Así a todo, creo que se debe galeguizar sempre, agás na primeira liña, na cal a maiores se especificaría o nome oficial --Lmbuga Commons - Galipedia 10:31, 30 xullo 2006 (UTC)
- Non entendo... Que solución propós, Lmbuga? --Xabier Cid 12:32, 30 xullo 2006 (UTC)
- Propoño timidamente que se utilice a forma galeguizada (co exemplo que vou poñer creo que quedará clara a causa, sen mesmo dicila). Creo que a discusión ten que ser válida para tódolos equipos de fútbol. Acepto que se recolla a denominación orixinal, pero ten que ser para todos; a outra alternativa é que se recolla a denominación traducida. Noutras palabras o Estrela vermella de Belgrado ou se chama así, ou se chama FK Crvena Zvezda Beograd. Se nese exemplo decidimos a primeira opción, sendo consecuentes, teremos que poñer Deportivo da Coruña; se decidimos a segunda, poñeremos Deportivo de La Coruña. Iso si, podo estar confundido e rectificar máis adiante se propondes algo que me semelle coherente --Lmbuga Commons - Galipedia 15:10, 30 xullo 2006 (UTC)
- Non me parece tan sinxelo... e éntranme dúbidas. Porque ao Mánchester City e ao United como os chamamos? Cidade de Mánchester e Mánchester Unido? Eu en realidade preguntaba polo cualificactivo de equipo español, que me parece máis inaxeitado dentro da galipedia (non noutra wikipedia estranxeira).--Xabier Cid 22:40, 30 xullo 2006 (UTC)
- Tes razón. Xa dicía timidamente porque non o teño claro. Quizais haxa que pensar en utilizar o termo orixinal como se fai nalgún caso que mirei en es.wiki. Non sei. Ademais o caso do Deportivo ten a maiores a complicación de ser galego. --Lmbuga Commons - Galipedia 01:39, 31 xullo 2006 (UTC)
- Por que non facer unha votación a ver comop queda a cousa?--Norrin_strange (Talk) 08:52, 4 agosto 2006 (UTC)
- Creo que antes habería que decidir qué opcións se dan. Non é tanto resolver o caso do Deportivo como trazar unha regra que poida ser de aplicación. Ademais, Lmbuga ten dito que esas cousas é mellor deixalas para setembro, cando todo o mundo poida opinar. E creo que leva ben de razón. A min ocórrenseme estas posibilidades:
-
- os nomes dos equipos déixanse sempre na forma orixinal
- os nomes dos equipos déixanse sempre na forma orixinal, pero a cidade ponse co nome en galego (p.ex. a Real Sociedad de Donosti ou o Steaua de Bucarest)
- a mesma cá anterior, pero facendo a salvidade (redireccións) con algúns equipos que internacionalmente se teñen traducido, como o Estrela Vermella de Belgrado (e non, p.ex., o Estrela - Steaua de Bucarest)
- tradúcense sempre: Cidade de Mánchester, o Bosque de Nótingham, o Español, o Ximnástico de Tarragona, a Estrela de Bucarest e o Locomotoras de Moscova.
Pero, insisto en que quizais deberiamos votar en setembro.--Xabier Cid 09:08, 4 agosto 2006 (UTC)
- En setembro estamos xa, hai que facer unha votación. Vou levala á Taberna, copiando alí as propostas de Xabier.--Norrin_strange (Talk) 19:15, 12
setembro 2006 (UTC)
¿Como se fai para engadir novos xogadores?--Gtdanielz 18:54, 13 outubro 2006 (UTC)